|
[Plataforma reivindicativa pola |
Fillos de Galicia, como principal agrupación en Internet dos descendentes da emigración galega ten o deber de crear conciencia no conxunto dos galegos residentes en Galicia do problema da nacionalidade que perxudica aos descendentes de galegos no estranxeiro. Eles deben coñecer a discriminación á cal estivo -e está- sometido o emigrante e os seus fillos e netos. O seu apoio ha ser a forza que nos ha levar ao éxito á hora de reclamarmos o noso dereito á nacionalidade española como fillos e netos de emigrantes.
|